Mostrando entradas con la etiqueta Xapón. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xapón. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de marzo de 2016





Sónar 
Barcelona (Xuñ.16-18)




Festival Internacional de Música Avanzada e o Congreso de Creatividade e Tecnoloxía, levado a cabo durante tres días cada ano dende 1994. As súas hibridacións entre música electrónica e creación dixital o converten nun evento global e lugar de encontro entre diferentes disciplinas e comunidades creativas. Está formado polo Sónar de Día, con concertos e o Sónar+D, o Congreso Internacional sobre a transformación dixital; e o Sónar de Noite, onde aparecen os nomes máis salientables do panorama musical.
O festival foi estendido a lugares do mundo como Reikiavik, Estocolmo, Copenhague, Bos Aires, Toronto, Lisboa, Lyon e Osaka.

Este ano en Barcelona actuarán entre outros A-Track, Acid Arab, Flume, Hiele, Ivy Lab, James Blake, New Order e Yung Lean.






Vans Warped Tour


Festival de música e de deportes extremos celebrado principalmente en Estados Unidos e Canadá, e ás veces en Europa, Xapón e Australia. 

O festival inclúe atraccións para os deportistas, lugares de venta de produtos das bandas que actúan e de firma de autógrafos, editores de revistas, selos discográficos independentes e patrocinadores; ademais lévase a cabo unha iniciativa ecolóxica. O festival está principalmente dirixido a xente nova, adecuando os artistas ao que parece ter máis éxito entre este tipo de audencias.

Este ano ten lugar entre xuño, xullo e agosto en Estados Unidos, e a lista de artistas será revelada o 26 de marzo.







Ultra


Gran festival de música electrónica fundado en 1999 en Miami, Florida. Co paso de tempo foi levado a países como Croacia, España, Paraguay, Brasil, Perú, Xapón, Arxentina ou Sudáfrica.


Este ano en Miami será celebrado entre o 18 e 20 de marzo, e  actuarán celebridades do xénero como Afrojack, Armin Van Buuren, Caribou, Chet Faker, Crystal Castles, Prodigy ou Tiësto.







Electric Daisy Carnival


Festival de música electrónica presentado por Insomniac Events, e levado a cabo por primeira vez en Los Angeles en 1997. Dende entón foi estendida a  outros lugares dos Estados Unidos como California, Colorado, Florida, Illinois, Nevada, New Jersey, New York, Texas e Puerto Rico, ademais doutros países como México, Reino Unido,  Brasil e Xapón. Entre outros estilos lévanse a cabo concertos de música EDM, house, dance, techno e dubstep. Ten ademais diversas atraccións, unha gran escenografía e obras artísticas; e actuacións carnavalescas.
Este ano foi levado a cabo en Mexico City o 27 e 28 de febreiro, e terá lugar en New York o 14 e 15 de maio, en Las Vegas do 17 ao 19, o 9 de xullo en Reino Unido, e nalgún día por anunciar en Xapón.

Dependendo da localización actuarán artistascomo Avicii, Axwell e Ingrosso, Martin Garrix, Glantis, Losst Frequencies, Sigma, Zedd, Afrojack, Lost Kings ou Party Thieves.