Mostrando entradas con la etiqueta España. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta España. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de marzo de 2016



Arenal Sound 

Burriana, Castellón (Ag.4-7)


Festival de música electrónica e, independente e mestizaxe celebrado na praia O Arenal. Caracterizado pola súa gran afluencia de xente nova e prezos asequibles, converteuse no festival máis multitudinario de España dende a súa apertura en 2010.

Este ano actuarán Two Door Cinema Club, Steve Aoki, The 1975, Clean Bandit, Galantis, Kodaline, Love of Lesbian, L.A. e Borgore entre outros.






Mad Cool 
Madrid (Xuñ.16-18)




Experiencia que aborda diferentes expresións artísticas de forma sostible e responsable a nivel musical, visual, fotográfico, gastronómico e cinematográfico, de tres días de duración e formado por cinco escenarios, tres deles na propia “Caja Mágica” de Madrid. 
Neste primer ano actuarán Neil Young + Promise of the Real,  Twin Atlantic, Nothing But Thieves, The Prodigy, Two Door Cinema Club, Vetusta Morla, Enter Shikari, Bastille, Biffy Clyro, Band of Horses, Capital Cities, Flume e Milky Chance entre outros.






Sónar 
Barcelona (Xuñ.16-18)




Festival Internacional de Música Avanzada e o Congreso de Creatividade e Tecnoloxía, levado a cabo durante tres días cada ano dende 1994. As súas hibridacións entre música electrónica e creación dixital o converten nun evento global e lugar de encontro entre diferentes disciplinas e comunidades creativas. Está formado polo Sónar de Día, con concertos e o Sónar+D, o Congreso Internacional sobre a transformación dixital; e o Sónar de Noite, onde aparecen os nomes máis salientables do panorama musical.
O festival foi estendido a lugares do mundo como Reikiavik, Estocolmo, Copenhague, Bos Aires, Toronto, Lisboa, Lyon e Osaka.

Este ano en Barcelona actuarán entre outros A-Track, Acid Arab, Flume, Hiele, Ivy Lab, James Blake, New Order e Yung Lean.







Primavera Sound 
Barcelona (Xuñ.1-5)





Realizado en Barcelona dende 2001, estableceuse como un modelo de festival urbano, que xera sempre unha gran expectación debido aos artistas invitados cada ano.
Este ano actuarán estre outros artistas como A.R. Kane, Air, Baywaves, Bearoid, The Chills, Goat, Jay Rock e Neon Indian.




NÓS Primavera Sound 
O Porto (Xuñ. 9-11)




Versión portuguesa do festival barcelonés, de 3 días de duración, no cal actuarán artistas como Air, Brian Wilson performing Pet Sounds, Explosions In The Sky, PJ Harvey e Tortoise. Lévase a cabo dende 2012 nos escenarios do Parque da Cidade.