Mostrando entradas con la etiqueta EE.UU.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EE.UU.. Mostrar todas las entradas

domingo, 13 de marzo de 2016




Vans Warped Tour


Festival de música e de deportes extremos celebrado principalmente en Estados Unidos e Canadá, e ás veces en Europa, Xapón e Australia. 

O festival inclúe atraccións para os deportistas, lugares de venta de produtos das bandas que actúan e de firma de autógrafos, editores de revistas, selos discográficos independentes e patrocinadores; ademais lévase a cabo unha iniciativa ecolóxica. O festival está principalmente dirixido a xente nova, adecuando os artistas ao que parece ter máis éxito entre este tipo de audencias.

Este ano ten lugar entre xuño, xullo e agosto en Estados Unidos, e a lista de artistas será revelada o 26 de marzo.







Ultra


Gran festival de música electrónica fundado en 1999 en Miami, Florida. Co paso de tempo foi levado a países como Croacia, España, Paraguay, Brasil, Perú, Xapón, Arxentina ou Sudáfrica.


Este ano en Miami será celebrado entre o 18 e 20 de marzo, e  actuarán celebridades do xénero como Afrojack, Armin Van Buuren, Caribou, Chet Faker, Crystal Castles, Prodigy ou Tiësto.







Electric Daisy Carnival


Festival de música electrónica presentado por Insomniac Events, e levado a cabo por primeira vez en Los Angeles en 1997. Dende entón foi estendida a  outros lugares dos Estados Unidos como California, Colorado, Florida, Illinois, Nevada, New Jersey, New York, Texas e Puerto Rico, ademais doutros países como México, Reino Unido,  Brasil e Xapón. Entre outros estilos lévanse a cabo concertos de música EDM, house, dance, techno e dubstep. Ten ademais diversas atraccións, unha gran escenografía e obras artísticas; e actuacións carnavalescas.
Este ano foi levado a cabo en Mexico City o 27 e 28 de febreiro, e terá lugar en New York o 14 e 15 de maio, en Las Vegas do 17 ao 19, o 9 de xullo en Reino Unido, e nalgún día por anunciar en Xapón.

Dependendo da localización actuarán artistascomo Avicii, Axwell e Ingrosso, Martin Garrix, Glantis, Losst Frequencies, Sigma, Zedd, Afrojack, Lost Kings ou Party Thieves.





Summerfest 

Milwaukee, Wisconsin 
(Xuñ.29-Xul.3 / Xul.5-10)


Con once días de duración e once escenarios, e fundado en 1968, Summerfest é considerado o maior festival musical do mundo, cunha media de 800.000/1.000.000 persoas anualmente e con máis de 700 bandas formando parte. O festival inclúe actuacións de comedia e fogos artificiais entre outras atraccións.

Entre moitos outros, actuarán Panic! At The Disco, Selena Gomez, Blake Shelton, Weezer, Sting, Peter Gabriel e Luke Bryan.






Firefly 

Dover, Delaware (Xuñ.16-19)



Realizado por primeira vez en 2012, Firefly ten lugar durante catro días nos cales búscase o ambiente da costa este, cun gran espazo exterior dispoñible para acampar. Está formado por un conxunto de sete escenarios, e realízanse ademais diferentes tipos de actividades coas que agasallar aos asistentes durante o día.

Alúns anunciados para este ano son os artistas Mumford & Sons, Kings of Leon, Florence & the Machine, Deadmau5, Disclosure, Blink-182, The 1975, Major Lazer, Tame Impala, The Neighbouthood, Two Door Cinema Club, The Wombats, Catfish & the Bottlemen e Ludacris.





Coachella 
Indio, California (Abr.15-17 / 22-24)


Fundado en 1999, pero non celebrado de novo ata dous anos despois, este festival inclúe xéneros musicais como o rock, indie, hip hop e electrónica, e está formado por 6 escenarios principais ademais de diversas instalacións, esculturas e lugares adecuados para acampar. Ten un gran recoñecemento mundial, sendo un dos festivais máis demandados dos últimos anos.


Este ano formarán parte A$AP Rocky, Calvin Harris, Deafheaven, Disclosure, Ellie Goulding, Foals, Halsey, Guns n’ Roses, James Bay, Lido, Lost Frequencies, Major Lazer, The Front Bottoms, Sia, Years & Years e 
Zedd entre outros.




Bonnaroo 
Manchester, Tennessee (Xuñ.9-12)



Festival de catro días producido por Superfly Presents e AC Entertainment que ten lugar dende 2002, formado por múltiples escenarios onde poder disfrutar de música de variados estilos, dende o indie rock ata o hip hop, pasando por jazz, reggae, electrónica, folk, gospel ou alternativa. En 2003 foi calificado pola revista Rolling Stones como un dos grandes momentos musicais no rock n’ roll. O número de visitantes ronda os 80.000/90.000 anualmente.
Algúns dos artistas anunciados este ano son Pearl Jam, Ellie Goulding, Macklemore & Ryan Lewis, Death Cab For Cutie, Halsey, Haim, Chvrches, Bando of Horses, Lamb of Gos, Tyler the Creator, Oh Wonder, Bully e Twin 
Peaks entre outros.



Austin City Limits 
Austin, Texas. (Sep.30-Oct.2 / Oct.7-9)



Producido pola compañía C3 Presents e formado por oito escenarios, este festival fundado en 2002 ten unha media duns 450.000 visitantes cada ano, que acoden aos diferentes concertos de música rock, indie, country, folk, electrónica e hip hop que teñen lugar nestes dous fins de semana consecutivos.
Este ano formarán parte artistas como Kendrick Lamar, Alabama Shakes, Leon Bridges e Ryan Adams entre outros.