domingo, 13 de marzo de 2016




Coachella 
Indio, California (Abr.15-17 / 22-24)


Fundado en 1999, pero non celebrado de novo ata dous anos despois, este festival inclúe xéneros musicais como o rock, indie, hip hop e electrónica, e está formado por 6 escenarios principais ademais de diversas instalacións, esculturas e lugares adecuados para acampar. Ten un gran recoñecemento mundial, sendo un dos festivais máis demandados dos últimos anos.


Este ano formarán parte A$AP Rocky, Calvin Harris, Deafheaven, Disclosure, Ellie Goulding, Foals, Halsey, Guns n’ Roses, James Bay, Lido, Lost Frequencies, Major Lazer, The Front Bottoms, Sia, Years & Years e 
Zedd entre outros.


No hay comentarios:

Publicar un comentario