domingo, 13 de marzo de 2016




Tomorrowland 
Boom, Bélxica (Xul. 22-24)




Festival de música electrónica máis grande do mundo,  e é levado a cabo en Bélxica cada ano dende 2005. Calcúlase que acoden unhas 100.000 persoas dunhas 75 nacionalidades distintas. A ambientación do lugar é a dun conto de fadas, e conta cunha zona de camping chamada DreamVille. Conta con máis de 100 actuacións, levadas a cabo en tres días e con máis de vinde escenarios distintos que dan cabida a todos os estilos de música electrónica de DJ.
Este ano actuarán na primeira fase DJs como Alesso, Deadmau5, Eric Prydz, Armin Van Buuren, Fedde Le Grand e Tiësto. As entradas esgotáronse nuns 10 minutos unha vez á venta.

Ademais é celebrado tamén en Brasil e noutro derivado de Tomorrowland, chamado TomorrowWorld, dende 2013.



No hay comentarios:

Publicar un comentario