Electric Daisy Carnival
Festival
de música electrónica presentado por Insomniac Events, e levado a cabo por
primeira vez en Los Angeles en 1997. Dende entón foi estendida a outros lugares dos Estados Unidos como
California, Colorado, Florida, Illinois, Nevada, New Jersey, New York, Texas e
Puerto Rico, ademais doutros países como México, Reino Unido, Brasil e Xapón. Entre outros estilos lévanse
a cabo concertos de música EDM, house, dance, techno e dubstep. Ten ademais
diversas atraccións, unha gran escenografía e obras artísticas; e actuacións
carnavalescas.
Este
ano foi levado a cabo en Mexico City o 27 e 28 de febreiro, e terá lugar en New
York o 14 e 15 de maio, en Las Vegas do 17 ao 19, o 9 de xullo en Reino Unido,
e nalgún día por anunciar en Xapón.
Dependendo
da localización actuarán artistascomo Avicii, Axwell e Ingrosso, Martin Garrix,
Glantis, Losst Frequencies, Sigma, Zedd, Afrojack, Lost Kings ou Party Thieves.