Sónar
Barcelona (Xuñ.16-18)
Festival
Internacional de Música Avanzada e o Congreso de Creatividade e Tecnoloxía,
levado a cabo durante tres días cada ano dende 1994. As súas hibridacións entre
música electrónica e creación dixital o converten nun evento global e lugar de
encontro entre diferentes disciplinas e comunidades creativas. Está formado
polo Sónar de Día, con concertos e o Sónar+D, o Congreso Internacional sobre a
transformación dixital; e o Sónar de Noite, onde aparecen os nomes máis
salientables do panorama musical.
O
festival foi estendido a lugares do mundo como Reikiavik, Estocolmo,
Copenhague, Bos Aires, Toronto, Lisboa, Lyon e Osaka.
Este
ano en Barcelona actuarán entre outros A-Track, Acid Arab, Flume, Hiele, Ivy
Lab, James Blake, New Order e Yung Lean.



No hay comentarios:
Publicar un comentario